Delegada do Goberno español en Catalunya: "É importante que haxa pijos e ricos, son os que gastan e consumen"

María de los Llanos de Luna fixo as declaracións no exclusivo Real Club de Tenis de Barcelona a un programa de TV. A delegada ten feito reiteradas expresións e afirmacións críticas contra o proceso soberanista catalán.

Delegada en Catalunya
photo_camera Llanos de Luna

María de los Llanos de Luna é delegada do goberno español en Catalunya. Estes días asistiu ao exclusivo Trofeo Conde de Godó, que se realizou no Real Club Tenis de Barcelona.

E foi alí onde fixo as declaracións ao programa 8 al día de (8TV, do grupo Godó), que entrevistaba a VIPs asistentes ao evento deportivo: “É importante que haxa xente pija e rica, xa que son elas as que consumen e gastan”.

Persoa non grata

Llanos de Luna ten, ao longo destes meses, realizado polémicas declaracións contra o proceso soberanista catalán e contra o carácter nacional de Catalunya. Elo conlevou que, por exemplo, Girona a declarase en marzo á delegada do goberno como “persoa non grata”.

O Parlament catalá tamén solicitou o relevo de Llanos de Luna do cargo que ocupa. “O Parlament rexeita de forma expresa todas aquelas accións, declaracións e actitudes que tendan a coaccionar a vontade expresada polos plenos municipais, posto que estas non fan ningún favor á democracia”, poñían na moción, que atribúe a Llanos de Luna “unha actitude hostil e a falla de respecto cara as institucións cataláns”

Máis en Països Catalans
Comentarios