''A débeda da RTVV non a xeramos os traballadores, senón cinco directivos que están imputados na Gürtel"

Entrevistamos María Josep Poquet, integrante do comité de empresa de Canal Nou e Radio Nou. A xornalista pon nomes e apelidos aos responsábeis do desmantelamento da única posibilidade da cidadanía valenciá para se informar na súa lingua propia.

josep
photo_camera [Imaxe: Intersindical Valenciana]


Malia que o Palau da Generalitat deixara xa ao descuberto as súas intencións de fechar Canal Nou e Radio Nou --a RTVV--, o cadro de persoal entendeuno sempre "como unha ameaza ao Tribunal Superior de Xustiza da Comunidade Valenciá", di María Josep Poquet, integrante do comité de empresa da RTVV. Era este quen tiña que ditar sentenza sobre o ERE que deixou na rúa 1.198 traballador@s.

A xustiza falou, dixo que o ERE era ilegal e o presidente do goberno, Alberto Fabra, decretou o feche "inevitábel" da televisión e da radio públicas porque a admisión d@s profesionais custaría, dixo, 40 millóns e "ese diñeiro necesitámolo para educación e sanidade". As declaracións fíxoas antes de rematar o ano en que botou máis de 30.000 docentes fóra das aulas.

A RTVV acumula a día de hoxe unha débeda de 1.200 millóns. Cando o PP chegou ao Palau, en 1995,  tal débeda era de 22 millóns. "Non a xeramos nós, senón cinco directivos que están imputados na Gürtel", di Poquet nunha entrevista que Sermos Galiza publica no semanario en papel, o nº73.

A xornalista dá nomes e apelidos dos responsábeis de que a Comunidade Valenciá quede sen a única posibilidade de se informar na lingua propia. Aliás, fala da manipulación, da viabilidade dun cadro de persoal de 1.600 persoas e do investimento que Fabra realiza en sanidade e educación, eses dereitos polos que di 'sacrificar' a radio e a televisión públicas.

Máis en Països Catalans
Comentarios