Debate arredor do proceso soberanista catalán en Compostela

A consulta cidadá e o marco legal serán os dous eixos do debate que se desenvolverá esta quinta feira 10 de abril na Facultade de Ciencias Políticas e Sociais de Santiago e no que participarán, entre outros, os cataláns Albert Royo, Antoni Pigrau, Jordi Vilajoana ou o actor Juanjo Puigcorbé. A xornada está organizada pola USC e o Consejo de Diplomacia Pública de Cataluña.

Juanjo Puigcorbé
photo_camera Juanjo Puigcorbé

Encontro galego-catalán nun debate arredor do proceso soberanista catalán que se desenvolverá esta quinta feira na Facultade de Ciencia Políticas e Sociais con grande presenza de especialistas e protagonistas do proceso soberanista en encontro con representantes de distintos ámbitos da Galiza, 

O profesor de Dereito Constitucional da Universitat Autónoma de Barcelona, Joan Lluís Pérez Francesch e o profesor de Dereito Internacional Público da Universitat Rovira i Virgili, Antoni Pigrau sentarán nunha mesa redonda arredor da legalidade e a lexitimidade democrática da consulta en Cataluña canda o profesor de Ciencia Política e da Administración de Santiago, Ramón Máiz e a profesora de Dereito Administrativo, Alba Nogueira, que moderará o encontro. A mesa iniciarase ás 16.15 horas, despois do breve acto de benvida po parte da decana da Facultade de Ciencias Políticas e Sociais de Santiago, Mª Antonia Arias e o Secretario Xeral do Consejo de Diplomacia Pública de Cataluña, Albert Royo. 

Sociedade civil 

A orixe do proceso democrático cara o dereito a decidir e a participación da sociedade civil protagonizarán o diálogo entre Galiza e Cataluña que virá de man do escritor galego Suso de Toro, o actor Juanjo Puigcorbé, o correspondente galego de La Vanguardia Anxo Lugilde e algún representante da cámara de comercio de Girona, 

O Secretario Xeral da Presidencia do Goberno da Generalitat, Jordi Vilajoana, será o encargado de clausurar a xornada.

Máis en Països Catalans
Comentarios