As CUP e ICV-EUiA súmanse á proposta de CiU e ERC para o referendo: haberá data e pregunta antes de final de ano

Deron o paso adiante após garantir que será o Parlament quen levará a proposta ao Congreso español e que se acrecenta no texto que o pobo catalán expresou nas eleccións a súa vontade de escoller o futuro e a Cámara ''debe actuar con lealdade completa e coherente a este mandato do pobo''. 

photo_camera [Imaxe: SG]


ICV-EUiA e CUP sumáronse á proposta de resolución de CiU e ERC sobre o dereito a decidir, após asegurar o papel do Parlament e que o que se vai negociar é especificamente a consulta, e non outras cuestións. 

Deron o paso adiante introducindo modificacións ao texto inicial para garantir que o Parlament fai unha proposta pola vía legal para solicitar ao Congreso a realización do referendo pola independencia de Catalunya, así como a data e a pregunta da consulta, no marco da Comisión parlamentar polo dereito a decidir. Todo deberá estar acordado antes de rematar o ano. 

A proposta de CiU e ERC recollía xa a vontade expresa de axendar a convocatoria da consulta e consensuar o contido da pregunta que formularán @s catalás, mais ICV-EUiA e CUP acrecentaron que se debe fixar tamén a vía legal pola que se levará a proposta de referendo ao Congreso, todo no marco da Comisión parlamentaria e de conformidade co Pacto nacional. 

Así mesmo, indicouse de maneira expresa que, pasadas as eleccións, o pobo catalán deixou clara a súa vontade de decidir "libremente e en paz" o seu futuro e que o Parlament "debe actuar con lealdade completa e coherente a este mandato do pobo". 

Máis en Països Catalans
Comentarios