mércores 21/10/20

A CUP dille non a Colau e ERC rexeita entrar no goberno de Barcelona se está o PSC

A alcaldesa da cidade Condal procura un acordo de gobernabilidade cos partidos de esquerda. Barcelona en Comú ten 11 dos 41 edís, por 10 de CiU, 5 de ERC, e de Cs, 4 do PSC, 3 da CUP e 3 do PP.

ada colau
ada colau

Esta semana a alcaldesa de Barcelona, Ada Colau, manifestou a súa vontade de pechar un acordo de gobernabilidade cos partidos de esquerda representados na Casa do Concello da cidade condal, un acordo que dese estabilidade ao executivo e permitise facer fronte a retos e proxectos. Mais ese pacto non semella que vaia ser doado. A CUP (3 [email protected]) xa dixo que non entraría no goberno. A súa voceira, María José Lecha, manifestou que non ven necesario entrar no goberno para chegar a acordos con Barcelona en Comù (11 edís) e que, en todo caso, cando o goberno local propoña políticas “rupturistas” terían o seu apoio.

Desde ERC, a priori -e segundo a prensa catala- o socio preferido por BCN en Comù, reprochou a ausencia de encontros bilaterais para saber cal é o modelo de cidade e para constrastar obxectivos. A isto, engaden unha condición para entrar nun acordo de goberno: que o PSC non estea no executivo.

Alfred Bosch, voceiro de ERC, lembrou que o PSC goberno a cidade 32 anos e cualificou o PSC de “representantes do establishment barcelonés” e da “vella política”. O goberno local mantén encontros regulares co PSC, segundo recoñeceu a concelleira Carmen Andrés.

A CUP dille non a Colau e ERC rexeita entrar no goberno de Barcelona se está o PSC
comentarios