Països Catalans

A CUP declararía a independencia sen agardar os 18 meses dos que fala Junts pel SI

A CUP declararía a independencia sen agardar os 18 meses dos que fala Junts pel SI

A organización independentista ateigou o Auditori de Barcelona no seu acto central de campaña no que defendeu a independencia non só "para cambiar de bandeira". 

CUP
photo_camera [Imaxe @cupnacional]

 

Por volta de 1.800 persoas encheron este sábado o acto central da CUP no Auditori de Barcelona, no que ficaron máis de medio milleiro no exterior. Nas intervencións, a Candidatura d'Unitat Popular defendeu a declaración unilateral de independencia sen agardar os 18 meses que propón Junts pel Si.

"Queren que agardemos 18 meses?", preguntou desde o atril a número dous por Barcelona Anna Gabriel. A resposta foi un non "se hai unha maioría de escanos e votos" independentistas no Parlament catalán. 

Gabriel defendeu, aliás, que as negociacións co Estado español deberían desenvolverse cando @s catalás "se teñan declarado libres" como "o primeiro acto internacional de diplomacia" da nova República catalá. 

Unha independencia coa que, defenden, non só se mude de bandeira senón que sirva para conseguir "cero recortes, cero desafiuzamentos e cero corrupción", salientou o cabeza de lista Antonio Baños quen reivindicou a posta en andamento dun plan de choque o propio 28 de setembro. "Non cargaremos coa merda do período autonómico, a república catalana nacerá limpa", afirmou. 
 

Máis en Països Catalans
comentarios