POLA DECLARACIóN DE DESCONEXIóN

A CUP asegura que non responderá aos requirimentos da Audiencia Nacional

A CUP asegurou este sábado que non pensa responder perante os requirimentos da Audiencia Nacional en relación ao apoio de concellos á declaración de desconexión aprobada no Parlament o 9 de novembro.

CUP
photo_camera [Imaxe: CUP]

Nun acto de apoio e solidariedade cos concellos investigados por aprobaren mocións a favor da declaración de desconexión, o deputado da CUP Benet Salellas pediulles ao resto de formacións políticas que fagan como a CUP e que non faciliten as actas de plenos nin ningunha información requirida pola Audiencia Nacional.

Ademais, a CUP propón que, no caso de que a Audiencia Nacional cite algún responsábel dos concellos investigados para declarar en Madrid, non vaian. “Desobediencia, república e independencia é a nosa única folla de ruta”, sinalou o parlamentar, quen salientou que a desobediencia servirá para conseguir o obxectivo marcado: a república catalana.

En relación ás negociacións con Junts pel Si, Salellas afirmou que “como país merecemos que o debate sobre proxectos de país e a folla de ruta e a ruptura con España vaia alén das negociacións con Junts pel Si”.

Máis en Països Catalans
Comentarios