A CUP apostan nun “Goberno de ruptura nacional e social” despois do 27-S

A formación independentista cre que é necesario “profundar na necesidade de construír soberanías que enchan de contido a independencia”. Rexeita unha lista unitaria nos comicios, pero non despois un Executivo conxunto. 

David Fernández [Imaxe: CUP]
photo_camera David Fernández [Imaxe: CUP]

O Consell Polític da CUP (Candidatura d'Unitat Popular) aprobou este sábado a súa folla de ruta cara á independencia e un proceso constituínte, e propuxo un documento que debuxa unha oferta aos partidos favorábeis ao dereito a decidir para dotar de "carácter plebiscitario" as eleccións do 27 de setembro.

Na súa 'Folla de ruta cara á independencia', debatido nas asembleas da CUP, asegura que a interacción entre a folla de ruta cara á independencia e un proceso constituínte ten que servir para "profundar na necesidade de construír soberanías que enchan de contido a independencia”. 

De cara ás eleccións do 27 de setembro, amósase favorábel a un compromiso "programático e político inequívoco" coa independencia antes do que por unha lista unitaria de todo o soberanismo -que tería que ser debatida nas asembleas abertas-, e alcanzar o compromiso de todas as listas de materializar a independencia cunha declaración unilateral ao día seguinte dos comicios se se conseguir maioría parlamentaria.

Despois das eleccións e en caso desa maioría, a folla de ruta da CUP quere impulsar un "goberno de ruptura nacional, social e democrática", promover as maiorías parlamentarias para o impulso do proceso independentista e a proclamación da declaración unilateral de independencia como primeira acción do novo Parlament.

A CUP tamén aposta na aplicación de medidas de urxencia social, como combater a pobreza enerxética ou a moratoria dos despexos, impulsar consultas populares sobre cuestións chave, comezar a "desconexión institucional co Estado español" e desenvolver e encher de contido a soberanía.

Máis en Països Catalans
Comentarios