Convergència e Reagrupament selan un acordo de colaboración para ''atinxir a independencia de Caralunya''

A coligación liderada por Artur Mas, e maioritaria en CiU, e a plataforma do ex-conseller de ERC Joan Carretero asinan un pacto para pular pola soberanía plena. ''Non somos os do dereito a decidir, somos os da declaración unilateral de independencia'', dixo Carretero.

Artur-Carretero-CDC-Reagrupament-ACN_ARAIMA20140402_0144_5
photo_camera Mas e Carretero

Convergència Democrática de Catalunya, o partido de Artur Mas e socio maioritario de CiU, e Reagrupament, a plataforma independentista impulsada polo ex-conseller de ERC Joan Carretero, asinaron esta semana un acordo de colaboración entre ambas as dúas formacións. Un pacto, “para atinxir a independencia de Catalunya”, tal e como recollen os medios cataláns.

Desde a prensa española, por contra, faise fincapé en que o acordo se adoptou “de costas a Unió”, o outro socio de CiU. Mais o certo é que o pacto rubricado esta semana non é unha novidade, pois vén completar o que CDC e Reagrupament asinaran en outubro do ano pasado. Daquela, ambos partidos falaran da necesidade de “tirar para adiante nun proceso de transición nacional que remate na independencia catalá”, en palabras de Josep Rull, secretario de Organización de Convergència.

Aliás, Reagrupament pedira nas últimas eleccións cataláns o voto para CiU.

Por si propia

Artur Mas manifestou, unha vez asinado o acordo esta semana, que xa é hora de que “Catalunya se goberne a si propia”, incidindo en que temos unha oportunidade única de que ese goberno sexa pleno”. O president tamén quixo advertir: Hai xente no Estado español con moito interese en que o proceso soberanista “descarrile”.

Joan Carretero, que falou antes que Artur Mas, fixo unha intervención sen medias tintas: “Non somos os do dereito a decidir, somos os da declaración unilateral de independencia”.

Máis en Països Catalans
Comentarios