O Constitucional non ve ilegal discriminar o catalán nas Illes Balears

Desestima os recursos presentados por medio cento de senador@s á nova Lei da Función Pública impulsada polo Govern de José Ramón Bauzá (PP) e declara legal a exclusión do catalán como criterio xeral para acceder a un emprego na administración. 

José Ramón Bauzá, president do Govern das Illes Balears
photo_camera José Ramón Bauzá, president do Govern das Illes Balears

A lei respecta "o equilibrio entre linguas", así consirera o TC a exlusión da lingua propia das Illes da función pública. Segundo o máximo intérprete da Constitución española a supresión do catalán como criterio de acceso a un emprego na administración non supón un elemento discriminatorio e, polo tanto, desestima os recursos presentados por 50 senador@s socialistas. 

Neste senso, a sentenza publicada polo TC considera que a lingua propia das Illes Balears non pode ser un criterio xeral de acceso. Asemade, entende que a súa exclusión non supón en ningún caso unha discriminación nin unha vulneración dos dereitos da cidadanía --como recollen os recursos presentados polo PSOE balear. 

Para o Constitucional a nova Lei da Función Pública aprobada polo Govern "equilibra" a situación entre o español e o catalán fronte a lexislación anterior que, di, "refourzou a posición" da lingua propia "outorgándolle certa prevalencia". 

A vice-presidenta do TC considera que o tribunal excede nas súas funcións coa sentenza

Así, 8 d@s 12 integrantes do TC posicionáronse a favor da nova lei impulsada polo Govern de J.R Bauzá (PP) entrementres tan só unha xuíza, Adela Asúa emitiu un voto particular no que cuestiona a decisión do Constitucional da que di, vai para alén da estrita función de control da constitucionalidade. "Á xurisdición constitucional", sinala a vice-presidenta do Tribunal "a cuestión que debiamos resolver era se a lexislación garante suficientemente o dereito estatutario a utilizar a lingua propia" e non, subliña, "se existen outras formas máis efectivas" de garantir o devandito dereito lingüístico. Así pois, recalca, ao TC non lle compete "proceder á avaliación da convenencia dos seus efectos, da súa calidade ou perfectibilidade".

"A garantía dos dereitos lingüísticos", afirma Asúa, "non é cuestión allea á xurisprudencia constitucional, que manifestou que o uso dunha lingua cooficial implica o provisionamento por parte dos poderes públicos dos medios precisos" como condición "para garantir o dereito a usala". Desta maneira, lembrou a maxistrada que a obriga de coñecer unha lingua é o primeiro chanzo para respectar o dereito a usala pois a nova lei exime @s funcionari@s mesmo do coñecemento do catalán. 

A esta agresión á lingua propia recollida na nova Lei da Función Pública que agora ampara o TC, veuse sumar con posterioridade o decreto do plurilingüismo rexeitado de maneira masiva na folga indefinida desenvolvida polo profesorado e que aínda se mantén. 

Máis en Països Catalans
Comentarios