Comeza a desvelarse o Plan Rajoy: o Estado prohibe as emisións de Catalunya Ràdio no País Valenciá

Na entrevista en Antena 3 TV, e embora non quixo "adiantar acontecimentos" -frase mantra que repetiu en varias ocasións-, Rajoy deslizou que tiña un plano para Catalunya. Esta terza feira comezou a cumprilo: ás 20 horas, Catalunya Ràdio deixou de se poder sintonizar no País Valenciá, por orde do Goberno español.

catalunya ràdio
photo_camera catalunya ràdio

Na entrevista en Antena 3 TV, e embora non quixo "adiantar acontecimentos" -frase mantra que repetiu en varias ocasións-, Rajoy deslizou que tiña un plano para Catalunya. Esta terza feira comezou a cumprilo: ás 20 horas, Catalunya Ràdio deixou de se poder sintonizar no País Valenciá, por orde do Goberno español. Fica claro que a retórica da globalización (coas novas tecnoloxías caíron as fronteiras, as linguas poden desenvolverse libremente, etc) se torna nun estorbo cando os Estados se ven premidos a despregaren as súas políticas de imposición da súa propia lingua -neste caso, o español- sobre as das nacións sen Estado.

Así, esta terza feira deixouse de sentir a emisión de Catalunya Ràdio e Catalunya Informació no País Valencià. Como informa Vilaweb.Com, ás 20 horas apagouse o sinal após a emisión dun programa especial dedicado ao fechamento da emisora. O catalán proscrito nun dos seus territorios. Quen impón aquí as linguas?, cabería perguntarse. Isto acontece nun país que acaba de ficar sen televisión propia, Canal 9, após unha decisión política do Goberno valenciá, tamén en mans do PP.

Un millón de euros de multa

As emisións de Catalunya Ràdio e Catalunya Informació mantíñanse através da  rede de repetidores  da Acció Cultural del País Valencià. A pasada sexta feira, esta entidade recibiu unha comunicación do Goberno español en que a conminaba a fechar as emisión. Paira aínda sobre ela a ameaza de multas por valor dun millón de euros por pretensamente estaren a funcionar os seus repetidores sen a autorización preceptiva.

A intervención do Estado contra Acción Cultural del País Valencià, isto é, contra a hipótese de as emisións en catalán chegaren a este territorio dos Països Catalans ten sido instada por un grupo chamado Círculo Cívico Valenciano, coa aquiescencia da Generalitat valenciana.

Toni Gisbert, secretario xeral da Acción Cultural do País Valencià, acha que a proibición das emisións "é moi grave" do ponto de vista da liberdade de información, o respeito ao pluralsimo social e a defensa e amparo da lingua catalá nun dos seus territorios.

Foto tirada de Vilaweb.Com

Máis en Països Catalans
Comentarios