CiU leva á Comisión Europea o caso do condutor valenciano condenado por falarlle catalán á Guardia Civil

Foi condenado a 6 meses de prisión por negarse a falarlle en español aos axentes da garda civil que lle practicaron un control de alcoholemia. En Change.Org púxose en marcha unha campaña de captación de asinaturas para demandar ao Síndic de Greuges (o Defensor do Pobo valenciano) que interceda por Carles Mateu.

gardas civís
photo_camera A parella da garda civil que retivo Carles Mateu

En declaracións a VilaWeb, o eurodeputado Ramon Tremosa (CiU) afirma que "se teñen violado os dereitos fundamentais dun cidadán europeu", o que o levará a denunciar hoxe o caso perante a Comisión Europea.

O parlamentar xulga que "o catalán é lingua oficial e, portanto, ten habido unha violación de direitos". Ao seu xuízo, a Comisión Europea achará inaceitábel que "falar en catalán implique 6 meses de prisión", mentres que "assaltar la Blanquerna saia gratis", en alusión ás "multas ridículas" que todo apunta recibirán os fascistas que atacaron a sede da Generalitat en Madrid.

"España é así e por iso non se pode deixar pasar nen unha e cómpre canalizalo todo através de Europa, como fan os nórdicos", argumenta CiU, quen salienta que a finais de ano a Comisión Europea ten a encomenda de elaborar un informe sobre a violación de dereitos relacionados co nazismo.

Na hipótese de se aceitar a trámite a pergunta, Europa podería pedir explicacións ao Estado e abrir unha investigación para esclarecer se se teñen violado ou non os dereitos de Carles Mateu.

Campaña na rede

Paralelamente, tense lanzado unha campaña na rede, en Change.Org, para se dirixir ao Síndic de Greuges do País Valencià, José Cholbi Diego, visando que faga as gestións precisas para que lle sexa sexa retirada a pena de prisión ao condutor valenciano.

O texto da campaña reza literalmente:

'José Cholbi Diego, Síndic de Greuges da Comunidade Valenciá:

Exiximos a retirada imediata da pena de prisión a Carles Mateu Blay por falar valenciano á Guardia Civil porque é un dereito poder expresarse nunha lingua cooficial diante da administración.

Máis en Països Catalans
Comentarios