Irene Rigau, ex-conselleira de Ensino, é a primeira dos tres altos cargos imputados polo referendo catalán do 9 de novembro de 2014, consulta na que tomaron parte máis de dous millóns de persoas malia estar prohibida polo Tribunal Constitucional. Joana Ortega (ex-vicepresidenta) e Artur Mas son os outros imputados.
Varios centos de persoas apoiaron Irene Rigau na súa chegada ao TSXC, entre ellas membrios do goberno catalán en funcións, e rostros coñecidos de Junts pel Si e da CUP. Entre as persoas concentradas estaba Lluis Ravell, de Catalunya si que es Pot, a coligazón electoral da que fixo parte Podemos e IU. "Teño a conciencia tranquila. Cumprín o mandato do Parlament de Catalunya", dixo Rigau.