CDC anuncia un novo partido após o 20-D

Artur Mas asegurou que "este país novo requerirá un partido novo".

Artur Mas

Liberais, social-cristiáns e social-demócratas cataláns confluirán nunha nova organización política após os comicios do 20 de decembro ás Cortes españolas. Así o anunciou o presidente de Convergència, Artur Mas, nun acto da candidatura Democràcia i Llibertat, a coligazón na que concorren xunto con Reagrupament, ás eleccións. 

O xurdimento desta nova formación política que "se materializará en 2016", segundo avanzou o propio Mas, responde ás necesidades de "este país novo", en referencia a unha Catalunya independente mais que tamén suporá a refundación de CDC após a ruptura cos que foran seus socios electorais durante máis de 30 anos, Unió Democràtica de Catalunya

O proxecto político que deseñan CDC e Reagrupament visa converterse nunha "grande corrente central" da política catalá no marco dunha Catalunya independente. Unha "ferramenta nova" que aproveite o "mellor" do que se ten feito "deixe á marxe o que non serve". 

Máis en Països Catalans
Comentarios