Catalunya reaxe contra o último ataque do goberno español á súa política lingüística

O Ministerio impugna a matrícula na escola pública catalá por entender que non cumpre a Lomce e que discrimina o español no ensino. Todos os partidos, agás PP e Cs, fan fronte común contra o que cualifican de “golpe á convivencia”.

Parlament de Catalunya
photo_camera Parlament de Catalunya

O goberno español defendeu o recurso presentado como un paso para “garantir” que as familias que queiran unha escolarización en español poidan elixir esta opción. Un recurso contra o modelo lingüístico catalán, operativo desde hai 3 décadas e que ten o catalán como idioma principal mentres que as materias de castelán e literatura española impártense na lingua oficial do Estado.

A reaccións a este novo recurso axiña chegaron. A Consellería de Educación, Irene Rigau, cualificou a decisión de “ofensa” e anunciou que presentarán alegacións dentro de prezo. Rigaou amosou a súa confianza en que os tribunais van dar a razón ao goberno catalán. De por parte, Artur Mas acusou o PP de quere cambiar o modelo educativo catalán nos tribunais porque non pode nas urnas,

Agás o PP e Ciutadans, o resto de formacións (CiU, ERC, CUP, ICV e PSC) consideran que se está perante un novo ataque político do estado español ao modelo de inmersión e unha aposta en ‘xudicializar’ as aulas.

Máis en Països Catalans
Comentarios