Catalunya, pendente da decisión da CUP

[ACTUALIZADA ÁS 14.40] Máis de 2.988 persoas decidirán este domingo na asemblea nacional da CUP, que ten lugar en Sabadell, se aceptan ou non investir como president da Generalitat o candidato á presidencia de Junts pel Si, Artur Mas. Farano a través de votacións en urna.

Debate Nacional CUP

Até en tres ocasións a CUP tivo que cambiar o espazo previsto para realizar a asemblea nacional deste domingo, 27 de decembro, por superar as previsións de asistencia. E é que un total de 3.577 persoas quixeron inscribirse para decidir o que semella que é o punto final de tres meses de negociacións con Junts Pel Si para designar un novo Gobern, aínda que ás 10h do domingo había 2.988 participantes,.

Así, militantes e simpatizantes da CUP votarán este domingo un total de catro propostas que se reconducen, basicamente, a apoiar ou non Artur Mas como president da Generalitat. No caso de que se vote contra a investidura de Mas, pola dificultade de Junts Pel Si para buscar apoios que permitan formar o Gobern, Catalunya estaría ás portas dunhas novas eleccións, que terían lugar en marzo.

Nas dúas votacións do Parlament, os dez deputados e deputadas da CUP votaron en contra da investidura de Mas como president

Nas dúas votacións do Parlament, os dez deputados e deputadas da CUP votaron en contra da investidura de Mas como president. Junts Pel Si, con 62 votos parlamentares, precisaría, como mínimo, de dous votos favorábeis da CUP e de oito abstencións.

As catro opcións

1. Aceptar a proposta de acordo político para avanzar cara á creación dunha república catalá cunha folla de ruta que leve á desconexión institucional e ruptura democrática, un plan de choque de emerxencia social e un proceso constituínte popular e democrático que permita ensanchar a base do proceso. E, en consecuencia, aceptar o Consello de presidencia encabezado por Artur Mas.

2. Rexeitar o Consello de presidencia encabezado por Artur Mas y, polo tanto, a proposta de acordo político. Esgotar o prazo de negociación para unha presidencia de consenso con plan de choque, folla de ruta para a ruptura e proceso constituínte co obxectivo de ensanchar a base do proceso de creación duna república catalá. Asumir que haberá novas eleccións en caso de que Junts Pel Sí non presente unha alternativa á presidencia.

3. Rexeitar a proposta de acordo político de plan de choque, proceso constituínte, folla de ruta para a ruptura e o Consello de presidencia. Favorecer a investidura de Artur Mas co obxectivo de evitar unhas novas eleccións, desbloquear a situación actual e seguir traballando para ensanchar a base do proceso e para a creación dunha república catalá.

4. Rexeitar o Consello de presidencia encabezado por Artur Mas y, polo tanto, a proposta de acordo político. Trasladar a Junts Pel Sí a responsabilidade de buscar apoio más alá do grupo parlamentar da CUP-CC a través da abstención no pleno de investidura. En caso de que Junts Pel Sí no obtivese máis apoio, asumir que haberá novas eleccións.

Desde que se soubo que Junts Pel Si non proporía ningún candidato alternativo a Mas, a formación política viviu un forte debate interno

Tanto o si como o non terán un custe para a CUP a nivel interno. Desde que se soubo que Junts Pel Si non proporía ningún candidato alternativo a Mas, a formación política viviu un forte debate interno, que transcendeu o ámbito nacional e que afecta tamén o ámbito municipal. Nunca até o de agora o papel da CUP fora tan determinante na política catalá.

Funcionamento da asemblea

A asemblea comezou pasadas as 9h. Na primeira hora, o 47% das persoas participantes decidiron que as votacións que teñan lugar ao longo do domingo sexan en urna. Até as 20.30h non se prevé que se fagan públicos os resultados das votacións.

Ás 11h comezou o debate sobre a proposta presentada por Junts pel Si e sobre as catro opcións que se votarán ao longo da xornada. A primeira das votacións terá lugar ás 13h para eliminar a opción destas catro que tiver menos apoios. Entre as 16h e as 18h terá lugar a segunda votación para eliminar a opción das tres que tiver menos votos. E, entre as 18h e as 20h, votarase entre as dúas opcións finalistas.

No caso de que nalgunha das votacións haxa unha opción que supere o 50% dos votos, validarase automaticamente como a gañadora.

Máis en Països Catalans
Comentarios