Catalunya irá ás plebiscitarias no 2016 se Rajoy veta o referendo do 2014

“Se o goberno español emprega a legalidade coma un freo (para impedir a consulta pola independencia), faremos unhas eleccións que servan de consulta e onde os partidos digan si ou non”, afirma Artur Mas

Artur Mas
photo_camera Artur Mas

Artur Mas, presidente da Generalitat, quere facer o referendo independentista de maneira acordada co Estado español e dentro das vías posíbeis que haxa no marci legal. Mais tamén ten claro, e así o manifestou nunha entrevista en Catalunya Rádio recollida por Vilaweb, que se o goberno español “se nega en redondo” a aceptar vías políticas para facer a consulta, moverá ficha.

A Generalitat está decidida a que a consulta sexa unha realidade, consciente de que a realización deste referendo é demandado e apoiado pola maioría non só do Parlament senón tamén da cidadanía catalá. “Se España fai uso da legalidade coma un freo para a consulta, sempre poderemos recorrer a un marco legal final, convocar eleccións”

“Se non hai máis remedio, iremos a unhas eleccións”

Uns comicios, apunta Mas, que terían carácter plebiscitario. Ou sexa, que os diferentes partidos e organizacións deberán posicionarse sobre o estado propio. E esas eleccións faríanse en 2016, finalizada a actual lexislatura

“Serían unhas eleccións plebiscitarias que fosen a consulta. E habería partidos polo si (á independencia) e habería partidos polo non”, explicou Artur Mas, que non oculta que esta opción será “unha confrontación total e aberta”. Por iso, sinala, opta polo diálogo e o pacto de cara á consulta de 2014


 

Máis en Països Catalans
Comentarios