Carme Chacón asegura que non apoiará "a ruptura con España" e pon o escano a disposición do PSC

Así o anunciou ás portas desde Madrid após anunciar o PSC que votaría a favor do dereito a decidir do pobo catalán.

Apelando ao programa electoral co que concorreu ás eleccións, Chacón asegura que non apoiará as resolucións "de ruptura" presentadas por CiU e ICV logo de que @s compañeir@s do PSC anunciasen o seu voto favorábel ao dereito do pobo catalán a decidir. A deputada por Barcelona desmárcase así da súa federación e apoia a postura defendida por Madrid que rexeitará a proposta.

Malia a que o líder d@s socialistas catalá(n)s se amosaran convencid@s de que Chacón votaría a favor, a ex-ministra de Defensa afirmou que "hai só 15 meses" que se presentou cun programa electoral que apostaba, dixo, "polo entendemento entre Catalunya e España e esas son as miñas convicións". Con rotundidade a deputada rexeitou apoiar as resolucións presentadas por CiU, ICV e ERC, formacións das que dixo "veñen de inciar un proceso de ruptura". Carme Chacon sentenzou que non estará "na ruptura de Catalunya con España" e asegurou que xa anunciou a súa decisión ao líder do PSC, Pere Navarro, ao que lle comunicou que poría a disposición da formación o seu escano como deputada por Barcelona. 

Máis en Països Catalans
Comentarios