Unha campaña de autoinculpación masiva protesta pola xudicialización do 9-N

A Asamblea Nacional Catalana bota a andar unha campaña de autoinculpacións masivas despois de que o Tribunal Superior de Xustiza de Cataluña admitira a trámite a querela contra o presidente da Generalitat, Artur Mas, a vicepresidenta e a conselleira de Educación. 

Despois de que o Tribunal Superior de Xustiza de Cataluña (ASJC) admitira a trámite a querela contra o presidente da Generalitat, Artur Mas, a vicepresidenta e a conselleira de Educación, a Asamblea Nacional Catalana vén de poñer en marcha unha campaña de autoinculpación en solidariedade coas autoridades políticas afectadas. 

A Asamblea propón que a xente se dirixa ao rexistro do seu Xulgado de garda e, na cidade de Barcelona, ao propio Tribunal Superior de Xustiza de Cataluña (TSJC). De todas maneiras, as entregas serán conxuntas. A campaña pódese seguir na rede coa etiqueta #autoinculpacions9n. 

Máis en Països Catalans
Comentarios