"GALIZA POLA INDEPENDENCIA"

O BNG e o bloque soberanista participarán nun acto reivindicativo en Barcelona

O BNG, Súmate e a Assemblea Nacional Catalana organizan para a próxima quinta feira (10 de setembro) en Barcelona unha xornada de reivindicación e festa sobre a independencia.

cartaz
photo_camera cartaz

A Plaça Soller, en Nou Barris (Barcelona), será o escenario da xornada reivindicativa que terá lugar o 10 de setembro con motivo da Diada, que se celebra un día despois. O BNG, Súmate e a Assemblea Nacional Catalana organizan a actividade “Adiante Catalunya. Galiza pola Independencia” cunha serie de palestras, música, performances e mesmo cociña.

Vence e Lobeira interveñen cos números un de Junts Pel Cat e a CUP

Nas palestras, presentadas por Suso Mon (ERGAC) intervirán, por parte do BNG, o portavoz nacional, Xavier Vence, e o responsábel de Organización do BNG, Bieito Lobeira. Tamén participará o cabeza de lista de Junts Pel Si, Raül Romeva; así como Antonio Baños e Isabel Vallet, por parte da CUP; Camilo F. Valdeorras, polo Foro Cívico Galego de Barcelona; Eduardo Reyes, por Súmate; Liz Castro, pola ANC; Rafael Delgado, de Procat-Els Propis, e El Pare Manel.

A música correrá a cargo de Sés, Mini e Mero, Jei Noguerol e do DJ Nacho (O Jarbanzo Negro). Da performance “En construción”, encargaranse Anxo Baranga e Jaume Muelas, e da cociña galega, o restaurante Arume.

Máis en Països Catalans
Comentarios