O Bloc Nacionalista Valencià decidirá en referendo interno como irá ás xerais

O Bloc Nacionalista Valencià realizará un referendo a terza feira entre toda a militancia para decidir o modelo de participación de Compromís nas eleccións xerais do 20 de decembro.

Elecciones 1

Enric Morera, secretario xeral do Bloc, afirma que a segunda feira convocará as asembleas comarcais e a terza realizarase un referendo entre toda a militancia co fin de decidir o modelo de participación de Compromís nas eleccións xerais, tal e como recolle Vilaweb. O Consell Nacional do Bloc aprobou que Compromís participe e lidere unha plataforma electoral valenciana, mais “de estrita obediencia valenciana e cun programa electoral feito he pensado polo País Valencià”.

Pola outra banda, Iniciativa del Poble Valencià descartou presentarse con Podemos ás xerais. E é que aprobou no día de onte apoiar a candidatura ampla, de base valenciana, na que Compromís desenvolvería un papel determinante. Esta candidatura tería asegurada a posibilidade de formar un grupo parlamentar de seu se contase cos votos suficientes.

Máis en Països Catalans
Comentarios