A banca amaga con retirarse de Catalunya se gañar a opción independentista

Através dunha declaración institucional conxunta a patronal bancaria española advirte que reconsiderará a súa presenza no Principat en función dos resultados electorais do 27-S. 

BBVA

AEB e CECA, organizacións que representan a patronal bancaria española e que abranguen entidades como Caixabank, Banco Santander, BBVA, Bankia, Sabadell e Popular, entraron esta sexta feira en campaña electoral através dunha declaración institucional conxunta na que ameazan con "reconsiderar" a súa presenza en Catalunya se o 27 de setembro as opcións independentistas obteñen a maioría parlamentar. 

Segundo o texto, os "riscos" que carrexaría unha hipotética declaración de independencia unilateral que "poría en grave risco o obxectivo das entidades, que non é outro que protexer os seus depositantes e manter o fluxo de financiación a familias, a Pemes e os sectores produtivos", din. 

Atribúen a súa decisión á "inseguridade xurídica" que deviría da vitoria independentista. Un argumento que fían ás declaracións do voceiro da Comisión europea que asegurou unha Catalunya independente ficaría excluída da UE e da zona euro. 

Neste senso, chaman ao "diálogo" mais tamén a que se garanta "en todo momento" a unidade territorial española. 

Máis en Països Catalans
Comentarios