O presidente da Generalitat de Catalunya, Artur Mas, votou 'si-si' ás dúas preguntas e defendeu o proceso participativo do 9-N: "Despois de todo o que fixemos, gañamos o dereito a un referendo definitivo; si pode ser, pactado co Goberno", dixo, en alusión esta última a Madrid.
"Non entendo que Rajoy diga que isto non é un referendo nin unha consulta pero que intente bloquealo nos tribunais”, dixo o líder de CiU tras votar en Barcelona, onde explicou o seu dobre 'si' dicindo que chegou á conclusión de que esa “é a mellor opción”.
Mas tamén afirmou, entre centos de xornalistas, que lle custou enormemente chegar ata este 9-N e engadiu: "Que nos deixen tranquilos: cando se está en democracia non se entenden certas intimidacións".