Artur Mas vota pola independencia e pide “un referendo definitivo”

O líder de CiU e titular do Goberno catalá cre que este 9-N significa a conquista definitiva dun dereito e rexeita que unha democracia poida permitirse “intimidacións” como as de Madrid.

mas-crop
photo_camera Mas vota

O presidente da Generalitat de Catalunya, Artur Mas, votou 'si-si' ás dúas preguntas e defendeu o proceso participativo do 9-N: "Despois de todo o que fixemos, gañamos o dereito a un referendo definitivo; si pode ser, pactado co Goberno", dixo, en alusión esta última a Madrid.

"Non entendo que Rajoy diga que isto non é un referendo nin unha consulta pero que intente bloquealo nos tribunais”, dixo o líder de CiU tras votar en Barcelona, onde explicou o seu dobre 'si' dicindo que chegou á conclusión de que esa “é a mellor opción”.

Mas tamén afirmou, entre centos de xornalistas, que lle custou enormemente chegar ata este 9-N e engadiu: "Que nos deixen tranquilos: cando se está en democracia non se entenden certas intimidacións".

Máis en Països Catalans
Comentarios