Artur Mas: “Teño ganas de plantar cara a algúns de aquí que poñen as cousas difíciles”

Son as primeiras declaracións do presidente en funcións da Generalitat após o 'Non' da CUP á súa investidura. Afirma que está "traqnuilo" e con ganas de seguir "para adiante".

Artur Mas
photo_camera Artur Mas

O presidente da Generalitat en funcións, Artur Mas, asegura que está “tranquilisimo” e con “gañas de plantar cara a algúns de aquí que poñen as cousas excesivamente difíciles”, en referencia á CUP. Mas fixo estas declaracións cando ía camiño da reunión do comité executivo nacional de CDC. “Teño gañas de loitar, de tirar para adiante e de plantar cara aos poderes de Madrid, que sempre intentaron que este país non saia adiante”, dixo. Cando se lle preguntou por unhas posíbeis eleccións en marzo, o presidente en funcións limitouse a dicir: “Xa falaremos”.

CDC e ERC non prevén, en principio e á espera da decisión que adopten as súas executivas, convocar un novo pleno no Parlament e propor un candidato distinto de Artur Mas. Anna Gabriel, deputada da CUP, afirmou nesta segunda feira nunha entrevista radiofónica, que a súa formación non tería problema en investir outra presoa proposta por Junts pel Si. Oriol Junqueras ou Raül Romeva serían as persoas preferidas pola CUP, mais non porían impedimentos -segundo medios cataláns. a outros nomes, como Nesu Munté, de CDC.

Mais desde CDC xa afirmaron, por boca de Josep Rull -coordenador xeral de Congergència- que non proporán un candidato alternativo a Artur Mas. Asume que iso suporá ir a unhas novas eleccións, e indica que agarda que se reedite 'Junts pel Si' por ser "unha ferramenta ganadora". Rull acusou a CUP de anterpor o "socialismo" á "independencia".

Novas eleccións

A xunta de portavoces convocou para  o 7 deste mes un pleno, que será para designar os senadores de designación autonómica. Podería ser o derradeiro pleno desta lexislatura. A xunta non convocou pleno de investidura, polo que todo parece indicar que comeza a conta atrás para a XI lexislatura catalá.

Máis en Països Catalans
Comentarios