mércores 14/04/21

Milleiros de persoas arroupan Mas ao berro de 'independència'

Após unha hora e media de declaración no TSJC o president en funcións da Generalitat declarouse "responsábel único" da consulta e promotor político da mesma. 

Artur Mas prestou declaración como imputado pola consulta do 9 de novembro durante unha hora e media. Á saída foi agardado por unha multitudinaria concentración na que se atopaban representantes do Govern en funcións e responsábeis políticos de formacións políticas como Junts pel Si ou a CUP. 

Arroupado ao berros de independència, Mas saudou desde a porta do Pazo de Xustiza do TSJC onde permaneceu por volta dunha hora e media. 

Mas declarouse perante o xuíz como "responsábel único" da consulta popular e promotor político da mesma. 

Prevaricación e desobediencia

Esta quinta feira (15 de outubro) o president en funcións da Generalitat de Catalunya, Artur Mas, acudiu ao Tribunal Superior de Xustiza de Catalunya para prestar declaración por suposto delito de desobediencia, entre outros, no marco da votación popular decorrida o 9 de novembro. 

A querela foi presentada logo do desenvolvemento da consulta, que fora anulada previamente polo Tribunal Constitucional. No proceso xudicial atópase imputada tamén Irene Rigau, vice-presidenta da Generalitat na altura. 

Mas --ao igual que o fixera Rigau previamente-- acudiu á sede do TSJC rodeado por milleiros de persoas e [email protected] [email protected] responsábeis institucionais (alcaldías, parlamentares e representantes políticos das forzas independentistas catalás). Fíxoo após render homenaxe a Luís Companys no lugar onde foi fusilado o último presidente da Generalitat antes da ditadura franquista. Do seu asasinato cúmprense este 15 de outubro 75 anos. 

As persoas concentradas perante o TSJC entoaron o himno catalán, Els Segaors, e lanzaron berros de independencia antes de que Mas entrase a declarar. 

A polémica

As concentracións de apoio que están a decorrer perante as imputacións polo 9-N foron criticadas através dun comunicado polo TSJC que as considerou unha forma de "presión" cuxo obxectivo é influír na decisión que adopte o tribunal. Aliás, asegurou que se trata dunha estratexia política para defender os intereses independentistas. 

comentarios