Ana Miranda, peche 'simbólico' da candidatura da CUP para o 27S

A lexislación electoral vixente impediu que callase a proposta da Candidatura de levar en postos simbólicos a persoas como o irmán de 'Txiki' -vasco, último fusilado polo franquismo- ou o catedrático madrileño Ramón Cotarelo.

CUP

As candidaturas da CUP para o 27S querían facer unha aposta clara no internacionalismo e na simpatía e apoio de diferentes pobos do mundo para o dereito dos e das catalás a decidir o seu propio futuro. Por iso, a Candidatura d'Unitat Popular barallou levar en postos simbólicos das súas candidaturas a persoas deses pobos. Entre elas, e por Galiza, Ana Miranda, portavoz do BNG en Bruxelas e futura eurodeputada. Mais a lexislación electoral vixente impide que integren as listas persoas non inscritas na circunscripción pola que concorren, e todo ficou nun xesto simbólico.

Mais non só Ana Miranda conformaría esta 'brigada solidaria' para con Catalunya nas listas da CUP. O catedrático madrileño Ramón Cotarelo, os pais de Guillem Agulló (mozo valenciano asasinado por fascistas), o irmá de 'Txiki' -militante de ETA fusilado polo franquismo en 1975-, o sindicalista andaluz Curro Romero, serían outras das persoas 'solidarias'.

Gabriela Serra, número 4 da CUP na lista por Barcelona, afirmou: “Unha cousa é o que di a lexislación vixente e outra a que di a lei da solidariedade: para nós, estes compañeiros e compañeiras son os que seguirán fechando a lista solidariamente, desde Galiza, desde Euskal Herria, desde Andalucía, desde Madrid, porque a loita pola plena soberanía, a democracia plena e a xustiza social non ten fronteiras”.

Máis en Països Catalans
Comentarios