A CUP SOBRE A INVESTIDURA DE MAS

"Agora non somos tan contundentes"

A formación independentista convoca un proceso de debate sobre un hipotético acordo con Junts pel Sí que rematará o 29 de novembro.

Nas mans da CUP está o futuro do president en funcións da Generalitat de Catalunya, Artur Mas, quen precisa dos votos da organización independentista para ser investido presidente. 

Neste senso, as 11 persoas que constitúen o grupo parlamentar da Candidatura de Unitat Popular rexeitaron en dúas ocasións tornar a Mas president. Porén, as negociacións continúan e as últimas declaracións das portavocías da CUP apuntan cara á un posíbel acordo. 

A CUP debaterá nas asembleas locais e comarcais os pasos a seguir, un proceso que rematará cun encontro nacional o 29-N

Antonio Baños, nunha entrevista concedida á Cadena Ser asegurou que "agora non somos tan contundentes" o que deixaría unha porta aberta. Así as cousas, desde o grupo parlamentar reiteran que non están en disposición de o investir. Ora ben, abrirán un proceso de debate interno no que decidirán que rumo dar ás negociacións en curso. 

Será através das asembleas locais e comarcais as que valoren as distintas opcións para, o día 29 de novembro, pór en común nunha xornada de debate nacional os pasos a seguir. 

Máis en Països Catalans
Comentarios