Adestrador expulsado do Campionato de España de tenis de mesa por falar catalán

Carles Font denuncia que o árbitro decidiu expulsalo por se dirixir en catalán a un dos xogadores. Lembra que en torneos e campionatos europeos nunca tivo problemas por usar o seu idioma.

carles font catalunya catalán
photo_camera Font con xogadoras do seu equipo.

O adestrador do Tennis Taula Cassà, Carles Font, denuncia que foi expulsado do Campionato de España que decorreu en Blanes (Catalunya) por falar catalán. Font, segundo el mesmo narrou en medios cataláns, presenciaba o encontro dun xogador infantil do seu club cando se dirixiu a el en catalán polo que recibiu unha amonestación do árbitro. “O colexiado díxome que me dirixise ao xogador en castelán porque non me entendía. Respondinlle que falaría no idioma que considerase oportuno e entón ensinoume o cartón amarelo”.

Ao ser sancinado, o adestrador preguntoulle ao árbitro en que punto do regulamento se exixía que falase castelán e mantivo que ía falar cos seus xogadores en catalán. “Entón foi cando me amosou o cartón vermello”. Font lembra que en torneos e campionatos que se xogan en Europa os adestradores falan cos seus equipos en diferentes idiomas sen que pase nada.

Máis en Països Catalans
Comentarios