Ada Colau rexeita asinar a folla de rota cara á independencia

Di que este tipo de iniciativas son "impropias" de Barcelona en Comú mais preséntase como "aliado real" do proceso soberanista. 

Ada Colau _ Marc
photo_camera Ada Colau [Imaxe B'Comú]

A alcaldábel de B'Comú, Ada Colau, rexeitou esta cuarta feira (3 de xuño) asinar a folla de rota cara á independencia apoiada por CiU e ERC. Colau fíxoo após ser emprazada pol@s republican@s como condición para avanzar nun acordo de goberno. 

Nunha entrevista para BTV recollida por VilaWeb, Colau asegura que "non asinaremos follas de rota que nos son impropias" para logo acrecentar que "con CiU non partillamos unha folla de rota"

A cabeza de lista de BComú sinalou que a súa formación non é "un problema, senón un aliado real" no camiño cara ao dereito a decidir que defendeu como un "principio irrenunciábel" para Catalunya e Barcelona. Porén, Colau non se comprometerá explicitamente coa independencia. 

Máis en Països Catalans
Comentarios