A xustiza avala que un só alumno pode impor o español a toda a clase en Catalunya

O Tribunal Superior de Xustiza de Catalunya obriga a dar aulas en español a toda a aula con tal de que así o pida un só alumno. Os maxistrados do TSXC critican o que consideran que é unha omnipresencia do catalán no ensino. Somescola lembra que só 17 familias en Catalunya pediron a escolarización en español. 

Catalunya

O TSXC sentenciou que se un alumno pide que que se lle de aula en español, esta petición afectará a toda a clase, e non só a este estudante de forma individualizada.

O auto subliña que “a atención individualizada en castelán conduce a unha situación de discriminación practicamente idéntica á separación en grupos clase por razón de lingua habitual”.

O auto do Tribunal Superior de Xustiza de Catalunya ven dar a razón ás familias que exixían maior presenza do español no ensino de Catalunya.

O tribunal afirma, porén, que non cuestiona o modelo de inmersión lingüística e recoñece que a constitucionalidade de que o catalán “sexa o centro de gravidade do modelo de bilingüismo catlán”, mais, iso si,con matices. Os maxistrados critican o que consideran unha omnipresencia do catalán nas aulas: “Unha cousa é que o catalán sexa o centro de gravidade e outra que ocupe todo o espazo”.

Recurso

Desde a Generalitat xa anunciaron que interporán un recurso contra esta decisión, que consideran fóra de toda lóxica. A conselleira de Educación, Irene Rigau, manifestou que "a lingua do grupo non se pode cambiar porque un neno o pida”.

Desde o colectivo Somescola.cat lembran que só dezasete familias teñan demandado a escolarización en español e enmarca a decisión xudicial na campaña do PP e Ciutadans que teñen feito do ensino en catalán “o obxectivo a render”. Piden, aliás, á comunidade educativa de Catalunya a se manter firme e tranquila.

Máis en Països Catalans
Comentarios