A CUP pensa que hai riscos de a consulta soberanista en Catalunya non se realizar

Pasan os meses e o goberno catalán aínda non se puxo en contacto con forzas políticas como a CUP, favorábeis á independencia. David Fernàndez, deputado desta formación, pensa que a única garantía de que se realice "é a implicación social"
David Fernández. CUP
photo_camera David Fernández. CUP

David Fernàndez, deputado da CUP, pensa que o goberno catalá esta a improvisar os pasos que dá en relación co proceso de autodeterminación do seu país. "Pensabamos que había un plan A e un plan B, mais a realidade é que imos ás apalpadas", asegurou nunha entrevista concedida á ACN que difunde o xornal Vilaweb.

A CUP aínda non tivo ningunha entrevista co actual goberno da Generalitat e para Fernàndez a única garantía de que se realice unha consulta pola independencia "é a implicación social".

O deputado independentista reclama "claridade" posto que o proceso "gañarase desde a transparencia". Admite que as críticas doutros partidos pro-consulta, como ICV-EUiA, poden explicar en parte a actuación do goberno catalán. Outra chave, para Fernàndez, pode remitir para as dúbidas de Mas en relación a outras experiencias históricas en Catalunya.

Máis en Països Catalans
Comentarios