"Non existe o dereito a impedir que sexas libre ou a que outros decidan o teu futuro "

Sermos Galiza entrevista a Alfred Bosch, deputado de ERC no Parlamento español, co gallo da súa presenza na Galiza para presentar a Proposición Non de Lei que Esquerra, Amaiur e o BNG defenderán nas Cortes a prol da autodeterminación dos pobos .

Alfred Bosch
photo_camera Alfred Bosch

Conversamos con Alfred Bosch após aterrar na Galiza para presentar a Proposición Non de Lei que ERC, Amaiur e o BNG defenderán nas Cortes españolas a prol da autodeterminación dos pobos.

SG: Reino Unido apoiou a convocatoria dun referendo de autodeterminación en Escocia. Cren que o España seguirá ignorando o avanzo soberanista? 

AB: Non sei. En todo caso, que fagan o que queiran que nós tamén faremos o que queiramos de acordo co mandato que nos dea o pobo de Catalunya.  A autodeterminación non é o dereito dos outros a decidir sobre o teu futuro ou a impedir que sexas libre, ese dereito non existe. Para nós o caso británico é unha referencia que axuda. Por que iso que é posíbel no Reino Unido non o é no Reino de España? David Cameron dixo "farei campaña en contra da independencia de Escocia mais non me negarei a que a xente vote". Nós gostariamos que Rajoy ou quen fose fixese o papel do David Cameron español. Polo de agora non é así. O que estamos a facer é empurrar o proceso como se o España fose o Reino Unido até que nos demostren repetidamente que non é así. Entón actuaremos doutra maneira.

A entrevista completa, no número 51 do Sermos Galiza, esta sexta xa no teu quiosques

Máis en Països Catalans
Comentarios