A Xunta abre as portas a volver subvencionar colexios que segregan por sexo malia sentenza do TSXG

Núñez Feijóo afirma que se a nova lei educativa dá cobertura a concertar con eses centros, a Consellería debería estudar a posibilidade.

O presidente da Xunta, Núñez Feijóo, está disposto a volver concertar e subvencionar a centros que segreguen por xénero, por moito que unha sentenza xudicial do TSXG botase polo chan esas prácticas do goberno galego o anular as axudas da Consellería a eses colexios..

A nova lei educativa (Lomce) vai dar cobertura a eses centros que separan alumnos de alumnas, nenos de nenas. E Feijóo considera que a Consellería, á vista do que establece a Lomce, ten que presentar unha proposta a este respeito.

Como informa EFE, a reforma educativa incluirá unha disposición transitoria pola que permitirá volver solicitar o concerto aos centros educativos que segreran por sexo e que se lles denegou en 2013. Así o dispçon unha enmenda presentada esta quinta feira por UPN e aceptada polo PP no Senado.

En Galiza suspendéronse os concertos con estes centros, cinco, tras varias sentencias xudiciais. 

Máis en OPINIÓN
Comentarios