Esta sexta feira: vaga mobilizadora contra o copagamento, pola sanidade pública

Doce cidades e vilas galegas acollen nesta sexta concentracións contra o repagamento farmacolóxico convocadas pola Iniciativa Galega pola Gratuidade na Sanidade.

Manifestación pola Sanidade Pública en Vigo
photo_camera Manifestación pola Sanidade Pública en Vigo

O repago mata. Nin unha persoa morta por falta de recursos. Por unha sanidade galega pública e gratuíta”. Baixo este lema, a Iniciativa Galega pola Gratuidade da Sanidade Pública convoca para esta sexta feira, 8 de novembro, concentracións diante da entrada dos principais hospitais das áreas sanitarias.

A convocatoria é unha resposta á decisión do goberno do PP de modificar o financiamento dos medicamentos de dispensación en farmacia hospitalaria -para tratamentos de cancro, enfermidades infecciosas ou crónicas- dos que en diante haberá que pagar o 10% por caixa, até un máximo de 4,20 euros.

Pasar unha liña vermella

Desde a Iniciativa Galega pola Gratuidade da Sanidade Pública considérase que isto supón o traspaso dunha liña vermella, onde a Sanidade deixa de ser pública, universal e gratuíta, discriminando aos usuarios/as do sistema en función dos seus recursos, gravando aínda máis aos doentes crónicos e rompendo coa equidade do sistema.

Denuncia que tanto o Goberno do Estado, como o Goberno da Xunta están implantando esta e outras normativas co obxectivo de desmantelar a Sanidade Pública, reducindo a carteira de Servizos gratuítos e incorporando medidas de repago.

Lugares e horas das concentracións 8 de novembro:

A Coruña: Dirección Provincial Sergas (Durán Loriga), 20 h

Santiago:  Hospital Clínico, porta principal 10:30 h

Ferrol: Hospital Arquitecto Marcide, 20 h

Vilagarcía: Hospital do Salnés, 20 h

Pontevedra: Hospital Provincial, 20 h

Vigo: Hospital Xeral, entrada de urxencias, 20 h

Ourense: CHUO, entrada principal 20 h

Lugo: HULA, porta principal, 11:15 h

Monforte: Praza de España, 20 h

Burela: Hospital da Costa, 20:30 h

Ribeira: Hospital Barbanza, porta principal, 12:00 h


 

Máis en OPINIÓN
Comentarios