Unha Urdaibai 'galeguizada' vence nunha primeira xornada da Kontxa na que Tirán foi sétima

A traiñeira de Bermeo venceu no primeiro asalto da Kontxa, por diante de Hondarribia, Orio e Kaiku, a gran favorita. Na categoría feminina, a representante galega, Mecos, acabou cuarta. No plantel de vogadores de Kaiku hai cinco galegos

Donosti acolleu este domingo a primeira xornada da Regata da Kontxa, unha competición que o vindeiro fin de semana terá o seu cumio coa segunda quenda. Unha quenda que se presume do máis interesante á vista dos resultados deste domingo, onde Urdaibai meteu a vitoria no peto por diante de Kaiku, que chegaba co arrecendo a favorita. A representante galega, Tirán, acabou sétima, só por diante da Donostiarra, a anfitrioa.

No plantel da traiñeira gañadora, Urbaibai (de Bermeo) hai cinco galegos: 2 do Grove, 1 de Bueu, 1 de Moaña e 1 de Vilaboa

Todas as miradas estaban postas na embarcación de Kaiku. Gañadora virtual da ACT, do Campionato de España, do de Euskadi, da Kontxa 2012... a embarcación de Sestao chegaba á Kontxa como a favorita. Mais non foi quen de gañar na súa quenda, onde ficou segundo por detrás de Hondarribia.

Houbo tramos onde se vogou a 45 paladas por minuto

Así pois, os catro primeiros postos foron para Urdaibai, Hondarribia, Orio e Kaiku. A tripulación de Tirán non tivo o seu mellor día, mais simplemente estar entre as 8 participantes xa é todo un recoñecemento.

Mecos

Na categoría feminina, Mecos finalizou última nesta primeira xornada da Kontxa, onde o triunfo foi para Zumaia. Mais iso, no remo, non significa nada, pos queda a segunda xornada. Xa na edición de 2012 a traiñeira feminina galega acabara última e despois atinxiu a vitoria na segunda, levando a bandeira para Galiza.


 

Máis en OPINIÓN
Comentarios