Unha sentenza obriga a NGB a devolver os cartos a unha emigrante a que vendeu subordinadas en 2005

A sentenza considera probado que a demandante era  cliente minorista cun nidio perfil aforrador. Malia ese perfil, foille comercializado un produto de complexo e elevado risco. NGB terá que devolver os 42.000 euros máis xuros (10.000 euros)

Unha nova sentencia xudicial falla a favor d@s estafad@s no calote das preferentes e subordinadas e contra as teses defendidas polo banco, neste caso NGB. O Xulgado de Primeira Instancia nº 4 de A Coruña vén de notificar a súa sentenza estimando a demanda de nulidade de venda de obrigas subordinadas interposta contra NGB por  unha muller de Muxía, antiga emigrante en Suiza .

A resultas do fallo, anúlase o contrato de adquisición de obrigas subordinadas (feito en 2005 e por 42.000 euros), e condena á entidade a aboar á demandante a sinalada cantidade, mais os xuros legais (algo máis de 10.000 €), así como a lle aboar as custas procesuais.

A sentenza considera probado que a demandante era cliente minorista cun nidio perfil conservador e aforrador e, malia ese perfil, foille comercializado un produto de complexo e elevado risco.


 

Máis en OPINIÓN
Comentarios