Editorial Sermos292

Siria como síntoma

Ataque a Siria 14 abril
photo_camera Un bombardeiro norteamericano

O ataque dos EUA, Francia e o Reino Unido contra Siria, un estado soberano, é un crime de guerra que ficará impune. É unha agresión sen xustificación posíbel que non dispuña de ningún aval do ponto de vista da legalidade internacional. É un novo intento por parte da potencia hexemónica de defender unha supremacía unipolar, o control militar do planeta que permite a Washington postularse aínda como o único imperio realmente existente.

Os EUA, Francia e Reino Unido atacan Siria porque o Exército regular dese país vai gañando a guerra e está a piques de rematar coa resistencia das milicias jihadistas, aliadas do imperio neste conflito. O apoio militar de Rusia e politico de China ten permitido a Bashar al-Assad prevalecer, mais os custos da guerra -produto da inxerencia occidental- son xigantescos en termos de vidas humanas e de destrución material.

Siria é un síntoma de até onde está disposto a chegar o imperio para manter o seu dominio. Éo tamén do lacaísmo das súas colonias, a comezar polo Estado español -coa cesión do uso da base de Rota sen autorización do Congreso.

Máis en OPINIÓN
Comentarios