Editorial Sermos285: Rosalía revolucionaria

Rosalia-Sellier

O 24 de febreiro celebramos Rosalía, todo un fenómeno cultural e un símbolo que cómpre traducir na divulgación e no achegamento popular á súa obra, alén do coñecemento puntual como o que tivo lugar até o de agora. E cómpre facelo dunha maneira fiel, lonxe da imaxe estereotipada, prexuizosa e manipulada. A contundencia dos seus textos evidencian que era unha muller nacionalista galega, consciente da aldraxe que padecía Galiza a mans de España. Unha Rosalía á vangarda, revolucionaria, transgresora, anticapitalista, feminista.

Que unha nación sen Estado conte co privilexio de posuír unha figura literaria de tal relevancia debería supoñer unha grande celebración e un grande coñecemento,

Que unha nación sen Estado conte co privilexio de posuír unha figura literaria de tal relevancia debería supoñer unha grande celebración e un grande coñecemento, mais a Xunta de Galiza e os medios de comunicación públicos, lonxe de impulsar a efeméride e de visibilizar e afondar na obra rosaliana, manteñen a lousa do ostracismo e da ocultación sobre a Rosalía xenuína, a verdadeira. É de eloxiar o esforzo da cultura de base organizada en clave nacional á hora de impulsar actividades que contribúen a popularizar esa Rosalía lonxe de tópicos e folclorismos.

O 24 de febreiro tamén é unha data propicia para volvermos reivindicar que Rosalía deixe de estar secuestrada no Panteón de Galegos Ilustres. Resulta disparatado que sexa o Arcebispado quen teña a facultade de decidir que actos acolle un espazo que debera ser de titularidade pública, ao servizo do pobo galego.

Máis en OPINIÓN
Comentarios