O reitor da USC súmase á petición da titularidade pública do patrimonio das caixas galegas

Juan Casares mostrou o seu apoiou ao manifesto promovido pola federación de asociacións culturais galegas Galiza Cultura nunha xuntanza cunha representación da Agrupación Cultural O Galo.

Ogalo

O reitor da Universidade de Santiago, Juán Casares, mostrou o seu apoiou ao manifesto a prol da titularidade pública do patrimonio artístico das Caixas promovido pola federación de asociacións culturais galegas Galiza Cultura.  Casares mantivo unha xuntanza con representantes doa Agrupación Cultural O Galo e Galiza Cultura onde partillaron a preocupación común polo destino do patrimonio artísitico acumulado polas antigas caixas galegas.

A reflexión de que a colección das Caixas debe permanecer en Galiza e ser visitábel polo público en xeral, foi compartida polo reitor da Universidade de Santiago, sinalan desde Galiza Cultura, e se concretou no manifesto que Galiza Cultura está difundir entre persoas individuais, institucións e colectivos diversos.

Máis en OPINIÓN
Comentarios