Rebelión contra as quitas

Xornada de protestas, tensións e mobilizacións en diferentes cidades e vilas galegas contra as novas quitas impostas aos e ás posuidoras de preferentes. "É unha barbaridade, estanse a rir de nós", manifestan desde as plataformas de afectad@s.

Manifestación d@s afectad@s polas preferentes en Vigo

En Compostela, onde se realizou un pleno extraordinario a petición da oposición, estafad@s polas preferentes romperon os seus carnés do PP nos fuciños do goberno local, acusando ao Partido Popular de ser responsábel do “roubo” e pedindo a demisión do alcalde. Na Coruña, unha manifestación percorreu diversas rúas en protesta pola nova quita.

En Vigo, Barbanza e outras zonas houbo ocupacións de sucursais de NGB,.. Xornada de protesta e rebelión contra un roubo, un “expolio”, unha “cabronada”.... de múltiples formas se referían os afectados á quita que se aplica nas preferentes e subordinadas. Un 57% de media.

Responsábeis

Desde as plataformas de afectados incídese en que “isto xa é rirse na nosa cara” e indican non estar dispostos a transixir. “É unha barbaridade, un roubo”, insistían desde o Salnés,mentres que desde o Rosal apuntaban que “faremos o que faga falla para que isto non vaia adiante”.

Por volta de 40.000 posuidor@s de preferentes de Novagalicia banco van sufrir un corte nos seus aforros de entre o 22 e o 65%. “E sabemos que iso é responsábel de, entre outros, o PP, que goberna en Madrid e en Compostela”, indican desde a plataforma barbanzá. 

Manifestación nacional en Ourense o sábado

ESte sábado, 15 de xuño, as plataformas de afectad@s polo calote de toda Galizza teñen convocada unha gran manifestación en Ourense. O lema, "O goberno rouba aos aforradores para rescatar á banca. Devolución do 100% do aforro!!". A  saída da mobilziación é ás 11:30 do Pavillón dos Remedios

Máis en OPINIÓN
Comentarios