Editorial Sermos276

Editorial Sermos276: A pesca galega, sen amparo político

cerco GZcontrainfo
photo_camera Manifestación en defensa do cerco

A pesca na Galiza dá traballo a 40.000 persoas, 52 por cento do total do sector no estado e 10 por cento no conxunto da Unión Europea. En termos de valor as capturas da frota galega representan 15 por cento do total no espazo comunitario, máis que o importe do que pescan por xunto Grecia, Suecia, Finlandia, Bélxica e Alemaña. É un sector, portanto, estratéxico na economía galega e cun enorme potencial de futuro se se deren as condicións políticas precisas para o seu desenvolvimento. Mais ese é precisamente o problema, como se acaba de ver na nova xeira de recortes das súas capacidades produtivas ditada desde Bruxelas (especialmente grave para o cerco, mais tamén preocupante para a altura).

Nunca veñen boas noticias para a nosa frota da Unión Europea. E isto ten unha lóxica política incontestábel: quen negocia pola pesca galega é o goberno español, non o goberno galego. E para o Estado español, a diferenza do que acontece coa Galiza, este non é un sector estratéxico. E pode, e de feito éo, ser utilizado como moeda de cambio para outros intereses.

E o problema non é só que a Xunta non negocie directamente con Bruxelas. O problema é que nen sequer fai ouvir a súa voz en Madrid.

  

Máis en OPINIÓN
Comentarios