Editorial Sermos289: As pensións, presente e futuro

[Imaxe: Galiza Contrainfo] Pensións
photo_camera Imaxe dunha mobilización en defensa de pensións dignas

As reformas que sufriron as pensións nos últimos anos –que contaron coa anuencia de UXT e CCOO– afondaron no debilitamento do sistema público. O empobrecemento das persoas pensionistas e da clase traballadora é un feito. Como tamén o é a vaga de mobilizacións contra as políticas neoliberais do PP, moitas delas protagonizadas por xubiladas e xubilados. É esta unha loita na que debemos implicarnos todas e todos, tamén quen na actualidade non son pensionistas. Que vai ser das persoas que veñan detrás? É obvio que a soldos máis baixos, menos cotizacións e, no futuro, menores pensións.

Cómpre recuperar o conflito para acabar co ataque ás pensións públicas. Un ataque que alimenta o suculento negocio dos plans privados. Neste contexto, urxe dinamitar a mensaxe interesada que apunta á que o sistema público é insostíbel. A súa sostibilidade non é un problema económico, senón político e os orzamentos do Estado teñen que ser garantes de que o sistema público de pensións –que ten un carácter redistributivo– teña recursos suficientes para cubrir as necesidades. Hai medidas, a comezar por unha política social xusta e equitativa. Tamén debemos reivindicar un sistema público galego, que é viábel e capaz por si mesmo se contamos coas competencias para que sexa na Galiza, onde están radicados os centros de traballo, onde se faga o pago dos impostos e das cotizacións sociais.

Máis en OPINIÓN
Comentarios