Para a patronal galega que o centro de decisión de NGB fique en Galiza non é importante

O presidente d@s empresari@s galeg@s, Fernández Alvariño, considera que o importante é que a entidade sexa comprada “polo mellor proxecto. E punto”. Unha declaración que lle fai as beiras ás preferencias da gran banca española.

Para o presidente da patronal galega, o pontevedrés Fernández Alvariño, o máis importante no proceso de poxa e venda de Novagalicia Banco (NGB) non é que o centro de decisión desta entidade fique en Galiza. Entende, o mandatario dos patróns galegos, que é importante que o comprador “estéa implantado” en Galiza, mais non debe de facerse diso un criterio “excluínte”.

Que é, logo, a preferencia de Alvariño e da Confederación de Empresarios de Galiza? Que NGB “sexa comprada polo mellor dos proxectos”. Se ben parabenizou o coñecido como 'plan Castellano' e considera que NGB é un banco sistémico para Galiza, Fernández Alvariño variou o seu discurso até o de agora, no que defendía que a entidade ficase co centro de decisión no país, aliás de pedir que se mantivese a obra social.

Máis en OPINIÓN
Comentarios