Obama: “Decidín que EUA debe actuar militarmente; pode ser mañá, a semana que vén ou nun mes “

O presidente estadounidense compareceu de novo ante os medios para anunciar a intervención, indicando que pedirá o permiso do Congreso e mandando unha mensaxe aos seus compoñentes: “Non fostes elixidos para ignorar esta situación”. Finalizada a comparecencia, Obama marchou xogar o golf acompañado do vice-presidente, Biden.

Barack Obama
photo_camera Barack Obama

Barack Obama anunciou que tiña tomada a decisión de intervir militarmente en Siria. Un ataque, aclarou, “contido en duración e obxectivos”. Argumentou que non podía actuar doutra forma e que irá ao Congreso de EUA a procurar o apoio a esta intervención en Siria. E mandou unha mensaxe aos congresistas: “Que mensaxe daremos ao mundo se un ditador pode gasear aos seus cidadáns sen pagar por iso?”. EUA sostén, malia non achegar probas, que o ataque químico da semana pasada foi realizado por Damasco.

Obama, aliás, sinaliu que a actuación contra Siria “pode ser mañá, a semana que vén ou nun mes”. Recoñeceu que “os nosos soldados están cansos” após as guerras de Iraq e Afganistán, polo que a intervención non será terrestre. Os mortos serán só siri@s.

“Somos EUA”

“Somos EUA, non podemos ignorar o que ocurreu”, continuou Barack Obama, que lembrou que está “na identidade dos Estados Unidos” actuar neste tipo de situacións.

Máis en OPINIÓN
Comentarios