O Tribunal Constitucional mantén a prisión para Otegi e @s outr@s 4 acusad@s no caso Beteragune

O Tribunal español avoga por manter en prisión a Otegi, Rafa Díez, Sonia Jacinto, Arkaitz Rodríguez e Miren Zabaleta mentres se resolve o recurso de amparo que interpuxeron contra a sentenza que os condenou a máis de seis anos de prisión a cada un

Erre que erre. Nin cambio do escenario sociopolítico en Euskal Herria (cese o fogo de ETA) nin as apelacións constantes da maioría social vasca a poñer fin aos rebufos das leis de ilegalización e apartheid político. O Tribunal Constitucional considera que Arnaldo a Otegi e os outros catro acusados no caso Beteragune (acusados, non esquezamos, de intentar reorganizar politicamente a esquerda abertzale) teñen que seguir entre reixas.

Están en prisión acusados de procurar reorganizar políticamente á esquerda abertzale, ilegalizada no seu día pola lexislación de raíz garzoniana de 'Todo é ETA'

O Tribunal español avoga por manter en prisión a Otegi, Rafa Díez, Sonia Jacinto, Arkaitz Rodríguez e Miren Zabaleta mentres se resolve o recurso de amparo que interpuxeron contra a sentencia que os condenou a máis de seis anos de prisión a cada un. A Fiscalía xa informara de que opuña a poñer en liberdade aos e ás condenadas mentres o TC resolvía os recursos

Dous terzos cumpridos

O TC acordou o pasado 9 de maio comezar a tramitación dos recursos destes cinco independentistas vascos. A maioría deles vai camiño dos catro anos de cumprimento efectivo da condena, ou sexa, dous terzos.

Máis en OPINIÓN
Comentarios