luns 26/10/20

Máis de 30 [email protected] foron procesados nestes meses [email protected] de enaltecemento do terrorismo

A imputación da Audiencia Nacional a Pepita Seoane por unhas declaracións sobre os Grapo e a detención dun mozo en Lugo volven traer a primeiro plano unha acusación, 'enaltecemento do terrorismo', da que, advirten [email protected], estase a abusar como ferramenta contra movementos como o independentista.

que voltem a casa presos

O lucense X.O.P foi detidoa pasada semana semana no marco dunha gran e publicitada operación da Audiencia Nacional ''contra o enaltecemento do terrorismo'. Un operativo' que implicou a detención dunha vintena de persoas en diferentes puntos do Estado español por mor de comentarios, opinións ou declaracións verquidas nas redes sociais. O mediatizado arresto do mozo de Outeiro de Rei ficou, ao igual que no do resto [email protected] [email protected], nunha declaración en comisaría (e en espera do que de novo decida a AN) e a requisa de diverso material. Mais o Ministerio do Interior non escatimou terminoloxía máis propia dun combate contra unha organización terrorista para se referir a este operativo. 

Poucos días despois producíase a noticia de que Pepita Seoane Vaz, coruñesa de 75 anos de idade, era imputada pola Audiencia Nacional acusada de, tamén, ''enaltecemento do terrorismo'' por unhas declaracións nas que enmarcaba a violencia dos Grapo (organización á que pertencían algúns fillos) na resposta á “violencia do Estado”, para alén de “denigrar” ás vítimas.

Enaltecemento, máis aló da apoloxía

Mais @s principais [email protected] pola aplicación desta medida áchanse no movemento independentista. Durante estes meses, e segundo cálculos do colectivo Ceivar, "unha trintena de [email protected] foron [email protected] acusados de enaltecemento do terrorismo".Varias destas persoas acusadas mesmo tiveron que desprazar a Madrid para se presentar perante a Audiencia Nacional e responder por esta acusación. 

“É un concepto que poderiamos dicir difuso, e polo tanto perigoso”, sostén o avogado Xosé García, que lembra que se ten empregada esta acusación contra “rapeiros polas súas lertas, como Pablo Hasel; internautas,contra manifestantes que portaban fotos de independentistas presos,...”.

Co de ''concepto difuso'' para definir 'enaltecemento' García refírese a que "a diferencia do anterior de apoloxía do terrorismo, o enaltecemento abarca cuestións como a humillación ou menosprecio ás vítimas,o que é moi laxo, unha especie de caixón de xastre onde pode caber de todo". Unha opinión partillada en parte polo tamén avogado Borxa Colmenero, que ten defendido a [email protected] [email protected] en xuñizos por 'enaltecemento'.

"O poder fai uso desta acusación como ferramenta de control social"

Colmenero lembra que nos dez de casos que defendeu o seu despacho de [email protected] [email protected] de 'enaltecemento' todos foron arquivados. Mais, lembra, séguese a acusar a nova xente de enaltecemento polas mesas causas e nos mesmos termos que nas causas que xa foron arquivadas. Por que?."É unha ferramenta de control político e social", considera este letrado. 

"Podemos dicir que se está a facer un uso con, por dicilo así, prevaricación", apunta como reflexión. Malia saberse que as acusacións finalmente van ficar en nada, séguense a realizar na procura de criminalizar, preocupar, atemorizar... Un chanzo máis nunha estratexia que o propio movemento independentista cualifica como represión 'de baixa intensidade'.

comentarios