A Generalitat suspende a campaña da N-9 mais mantén o propósito de poñer as urnas

O goberno catalán presentou alegacións á decisión do TC de suspender a consulta.

O goberno catalán decidiu manter a folla de rota cara á consulta malia a suspensión do Tribunal Constitucional español, informa vilaweb. O proceso continúa. Ese é o propósito do goberno. “Estamos nun contexto onde onte non terminara nada. Hai unha situación procesual que non se pode pasar por alto mais o goberno está disposto a continuar. Imos facer as cousas e cumprir os compromisos", dixo o conseller de Presidencia, Francesc Homs.

"Se alguén pensaba que co acontecido onte íase para todo, a mensaxe é que non acabou nada”, apuntou. A campaña fica suspendida (“non podemos poñer aos e ás funcionarias contra as cordas”) Mais mantén o compromiso de sacar as urnas.

Máis en OPINIÓN
Comentarios