Emigrantes Retornados advirten dun ano ‘’quente’’ polas 30.000 inspeccións de Facenda

“Non imos tolerar que o PP nos trate como delincuentes e esiximos respecto aos responsábeis da Axencia Tributaria” afirma a Asociación, que anuncia "respostas contundentes" contra o que entenden que é un afán recadatorio desmedido do Estado español.

emigrantes
photo_camera emigrantes

A Asociación de Emigrantes Retornados da Mariña advirte que o Ministerio de Facenda ten previsto levar adiante no 2014 por volta de 30.000 inspeccións na declaración da renda dos emigrantes retornados. Esta cifra supón “10.000 máis das que fixeron o ano pasado”. O Colectivo lembra que esta cifra de inspeccións é a anunciada polo director xeral da Axencia Tributaria e que “nos fai temer o peor”.

Este colectivo lamenta que o Goberno do Partido Popular colocase “os emigrantes etornados no punto de mira cun afán simplemente recadatorio”. “Castíganos por partida tripla, primeiro fixando para nos un réxime fiscal diferente ao do resto dos cidadáns do Estado, segundo determinando uns tramos distintos no momento de responder fronte ao fisco e por último o que é máis doe é  que desde o Estado pero tamén desde a propia Axencia tributaria téntanos facer pasar por defraudadores” afirmou un portavoz do colectivo mariñá que demandou para “os responsábeis da Axencia Tributaria, comezando polo responsábel da Oficina de Foz, respecto para os emigrantes retornados”.

“Resposta contundente” a esta “nova vaga represiva”

A situación que se vai crear este ano diante do que estes emigrantes cualifican como “nova vaga represiva” vai provocar necesariamente “unha resposta máis contundente” por parte do colectivo de afectados, posto que “ á vista está que o PP non ten ningunha vontade de darlle un solución a problemática que enfrontamo. Castíganos por partida dobre primeiro facéndonos emigrar para aportar divisas ao estado español, divisas que xeramos os galegos e se drenaron a outros territorios, en un segundo lugar multándonos como se fosemos delincuentes”.

““Non é de recibo que un pensionista, na súa calidade de emigrante retornado  ingrese 1.100 euros ao mes e sexa obrigado  a pagar un IRPF de 1.465 euros ao ano, mentres que outra persoa coa mesma pensión e sen a condición de retornado, estea exento de presentar a declaración, por esta razón demandamos igual  trato ante Facenda".

Máis en OPINIÓN
Comentarios