Sermos280

Editorial: o retorno (parcial) da "derradeira lección..."

derradeira-leccion-mestre

Esta terza feira, Sermos Galiza informou en exclusiva das negociacións en curso entre a Xunta e a Casa Galiza de Bos Aires para a cesión temporal do óleo de Castelao A derradeira lección do mestre, emblemático alegato do artista de Rianxo contra a barbarie fascista. Ás poucas horas de noticiarmos este feito, a Consellaría de Cultura emitía unha nota ao respeito, recollida pola imprensa amiga do PP sen ter a decencia de citar Sermos como fonte orixinaria. Estamos, sen dúbida, perante unha boa noticia. Insuficiente (para ser completa, o retorno debería ser definitivo, non temporal), mais boa noticia, porque disponibilizará o cadro para a súa contemplación e porque contribuirá á súa popularización, sendo que a día de hoxe continúa a ser un perfeito descoñecido para a grande maioría das galegas e dos galegos.

Esta é en boa parte unha conquista (embora a Xunta non o vaia recoñecer) da ILP que no seu día diversas entidades -a comezar pola federación Galiza Cultura, a Mesa e CIG ensino- promoveron e que foi defendida no Parlamento galego pola profesora Pilar García Negro. É de elemental xustiza anotalo aquí. Como tamén o é continuar a demandar a definitiva vinda a Galiza do cadro e a divulgación do conxunto da inxente obra de Castelao.

[Este editorial fai parte do Sermos280, disponíbel na nosa loxa e nos pontos de venda habituais]

 

Máis en OPINIÓN
Comentarios